miércoles, 22 de mayo de 2013

Historia de Balaidos

Balaídos é o estadio municipal de fútbol da cidade de Vigo, onde xoga na casa o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira División Española. O estadio foi fundado en 1928, e sufriu varias remodelacións o longo da sua historia.



Estadio de Balaídos semanas antes da sua inauguración o 30 de Decembro de 1928


O encontro inaugural foi disputado polo Real Club Celta e o Real Irún e concluíu con un contundente 7 a 0 a favor dos locais. Afirma Gerardo González Martín, no seu libro "Pasión por Vigo", que Avelino Rodríguez Elías (periodista e cronista) foi a primeira voz que reclamou a construcción dun campo que sustituise o de Coia. Pero, foi un grupo de empresarios vigueses os que en septembro de 1924 compraron 75.000 metros cadrados en Balaídos e comezaron as obras de acondicionamento, que supuxeron o desvío do río Lagares.



Dous anos máis tarde, constituiuse a sociedade Stadium de Balaídos, e os tres propietarios dos terreos, os cederon a sociedade a cambio de 250 accións. O primeiro proxecto técnico, según Gerardo González Martín, foi realizado por Ricardo Mella Serrano, fillo do anarquista vigués. Sen embargo, o proxecto definitivo foi firmado por Genaro de la Fuente. O estadio contaba cunha pista de atletismo de dez metros de ancho e o graderío era corrido polo que non tiña ángulos. Xunto o edificio deportivo, a corporación municipal, que presidía Mauro Alonso Gómez-Cuenca, reorganizou urbanísticamente o entorno, e de esta época é a avenida de Balaídos, que facilitaba o acceso dende a carretera de Vincios, aunque a mellor comunicación co campo era a través da carretera de Baiona.



Partido inaugural Real Club Celta - Real Irún (30 de Decembro de 1928)




O campo estivo xestionado por esta sociedade durante unha larga década y despois foi vendido o Concello de Vigo. Ata 1967 tan so se realizaron algunhas pequenas reformas no estadio, conservando a súa capacidade en 22.000 espectadores, mentras a cidade seguía crecendo o seu redor. Cabe destacar a construcción do primeiro polígono de Citroën en 1959 na parte Sur de Balaidos.


Balaidos nos anos 1959 -1960



Ata 1967, o campo non experimentou ningún cambio significativo. Sendo Rafael Portanet alcalde da cidade, inicíanse as obras de reforma para modernizar o estadio. Grada por grada, construíuse a configuración actual, salvo a actual grada de Río. O 27 de marzo de 1971 bendícese a nova faciana de Balaídos, ainda que uns días antes aproveitouse a visita a Vigo do Real Madrid para estrear as instalacións.


Val do Fragoso na década dos 70


 En 1982, con motivo da Copa Mundial de Fútbol, Balaidos sufre a súa última remodelación importante. A grada de Río reconstrúese de novo completamente creando dous anfiteatros diferenciados (Ría Alto e Río Baixo), e aumentando a capacidade do estadio a 33.000 espectadores. Con esta obra tamén entérrase o Río Lagares o seu paso polo estadio e créanse novas instalacións na parte inferior da grada. A remodelación supón a pérdida da simetría e unidade estética do estadio, que deixa de ser compacto e pechado nas súas catro caras, para crear dous aberturas na parte Sureste e Suroeste, ademais de seguir mantendo os fondos moi separados do terreo de xogo.



Construcción da grada de Río en 1982



Dende 1982 ata a actualidade non se fixeron remodelacións de carácter significativo no estadio. Tan so pequenas reformas como dotar de asentos paulatinamente as distintas gradas, o cal supuxo un descenso na capacidade do estadio a 31.000 espectadores. No 2012 suprimiuse o foso que separaba as gradas do campo e eliminaronse as primeiras filas de Preferencia, Fondo e Río Baixo, onde a visión do terreo de xogo era practicamente nula.



Imáxen do estadio na actualidade




Principais problemas do actual estadio:

- Separación das gradas o terreo de xogo.



- Innundacións provocadas polo Río Lagares





- Desprendementos de material



Arq. Alejandro Vázquez Losada

Avlosada@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario